Un programa adicado ás mellores bandas de rocanrol que teñen visitado Galiza nos últimos tempos. Garage Punk Maleducado e Rockabilly Altamente Inflamable!
Amor en Bruto celebra o Mardi Gras en Nova Orleans. Rocanrol rebuldeiro e soul sen paraxe procedentes do berce do jazz, a cidade máis antroideira dos USA!
Unha entrega especial de San Valentín de Amor en Bruto, con especial énfase no Amor. As cancións favoritas de Dj Pezunhitas e señora: Pop-Punk, Doo Wop & Roll e toneladas de paixón!
Un tributo ao recentemente falecido Lux Interior, vocalista e líder dos Cramps. Salvaxe, lúbrico, sinistro, primitivo e subversivo Rock & Roll!
Un Sermón en Bruto que che vai facer berrar aleluia e bater palmas! Música gospel salvaxe e primitiva, e tamén esperanzadora e emotiva! Estades salvados, irmáns!
Unha celebración do repoludismo, a gordura, a caloría loca e o pecado capital da gula. Vaiche taponar as arterias!
Media hora de música embrutecedora presentada por Dj Pezunhitas. Garage, Soul, Ska, Punk, R&R, New Wave... Puro Amor en Bruto!

![[PLAY]](http://amorenbruto.podOmatic.com/img/play_button.gif)
